20 Ago Pemento de Mougán 2018
XVII FESTA DO PEMENTO DE MOUGÁN EN GUNTÍN (Carballeira de Meixaboi)
25 e 26 DE AGOSTO DE 2018
PROGRAMA DÍA 25
Ás 12:00 Horas: Actuación da BANDA MUNICIPAL DE GUNTIN DE PALLARES.
Ás 13:30 Horas: Lectura do Pregón a cargo do Xefe Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, D. Ramón Carballo Páez.
Degustación gratuita do “PEMENTO DE MOUGÁN”, e seguidamente todo aquel que o desexe, poderá traer o seu xantar á carballeira ou ben mercalo no bar que se instalará no recinto.
Ás 17:00 horas: Comezo do campionato de TUTE, e das diversas actuacións musicais.
Ás 18:00 horas: Actuacións musicais a cargo da CHARANGA MALOSERÁ. Durante toda a tarde poderemos disfrutar da MAXIA DO MAGO ANTÓN.
A xornada rematará cunha verbena na mesma carballeira, coa ORQUESTRA COSTA OESTE.
DOMINGO 26
Continuaremos coas actividades na Carballeira, comezando ás 14:00 horas (2 da tarde) coa actuación do Grupo de Música tradicional CANS DE PALLEIRO, para proseguir coas comidas e as diversas actuacións musicais, entre elas a da cantante NATALIA GONZÁLEZ. A maxia estará presente na xornada coa actuación do MAGO MANUEL LAMAS. A xornada rematará cunha verbena a cargo da ORQUESTRA GALILEA.
ORGANIZA O CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES
No Comments